DOLORES VILAVEDRA, FILÓLOGA
Dolores Vilavedra: "Hai que revisar o dereito a voto emigrante"

[19/06/2005 23:30] Dolores Vilavedra lamenta que a sociedade galega sexa "xerontocrática", o que demostra que o proxecto político só é válido "cando se acumulan trienios e cambios". Arredor do voto emigrante coida que habería que revisar o dereito dos emigrantes de segunda e terceira xeración. Vilavedra ve, ante este escenario aberto, a posibilidade dunha coalción que traería "a esperanza" a Galiza e un "profundo desencanto" se vence o PP.

Como valora estes resultados?
Queda claro que Galiza ten un voto xerontocrático no que o poder se adquire a base de acumular trienios e canas. Quintana non ten canas entón non pode ter o poder. Os resultados do BNG non están mal pero está claro que había que pagar a factura de Beiras; agora xa está, felizmente desfixémonos del e pódese iniciar a renovación con cinco candidatos novos para o BNG. Coido tamén, respecto do nacionalismo que houbo moito beirismo que quedou na casa...

Parécelle xusto que a decisión final estea nas mans do voto emigrante?
Quero facer un chamamento á sociedade civil galega para que se vote á rúa se finalmente o voto emigrante decide os resultados destas eleccións. Sei que non é politicamente correcto pero é moi inxusto que vote xente de segunda e terceira xeración e, sen dúbida, é algo que haberá que revisar, hai que ver en que circunstancias teñen dereito ao voto.

Cales son as espectativas para os próximos catro anos?
Se non decide o voto da emigración entón hai que ter moita intelixencia política e a coalición terá que facer unha rolda de prioridades. É hora de que a xente maior confíe na xente nova, se hai un escenario de cambio haberá esperanza, que é o que necesita este país, acabar cos 'pesebreros' que votan ao PP por inercia. É hora de saber quen vota a quen e por que. Se gaña o PP haberá un profundo desencanto e será malo para a vida política, porque xa a xente máis nova esta chega de escepticism